messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Ulmeiros da ribeira de Torrón Ulmeiro

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Ulmus minor Mill.
  • Perímetro normal: Ex1: 1,33 m (outros ex: 1,06, 1,01, 0,94, 0,85, 0,83, 0,81 e 0,76 m)
  • Altura: Ex1: 17 m
  • Parroquia: Sobrada
  • Coordenadas: 42.014607, -8.659934
Interesante rodal de ulmeiros que prevalecen na estreita franxa de bosque da ribeira do Miño, limítrofe coas veigas agrícolas. Nesta formación contabilizáronse oito árbores con troncos de perímetro normal superior a 75 cm, ademais doutros exemplares menores, en xeral con fustes rectos e aparente boa vitalidade. Ocupan unha superficie aproximada de 480 m2, lindeira cunha ribeira invadida pola cana exótica Arundo donax.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.