messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Tilleira prateada da Quinta do Ramo Tilleira prateada

  • Árbore Exótica
  • Especie: Tilia tomentosa Moench.
  • Perímetro normal: 2,68 m (diámetro aprox. 0,85 m)
  • Altura: Aprox. 21 m
  • Copa:125 m2
  • Parroquia: Forcadela
  • Coordenadas: 41.978363, -8.738297
O exemplar do Ramo medra xunto a un muro pétreo que pouco a pouco o obriga a orientar o fuste no sentido oposto, crecendo inclinado cara ao interior da quinta. Trátase dun exemplar de excelentes dimensións, que forma a enforcadura a aproximadamente 3 metros de altura, composta por infinidade de ramas que medran verticais buscando a luz. Esta árbore semella forte e vigorosa, sen máis problema que a proximidade do muro, que limita o desenvolvemento do sistema radicular nesa dirección.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.