messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Tilleira prateada da igrexa de Amorín Tilleira prateada

  • Árbore Exótica
  • Especie: Tilia tomentosa Moench.
  • Perímetro normal: 1,74 m
  • Altura: 16,9 m
  • Copa:82 m2
  • Parroquia: Amorín
  • Coordenadas: 41.999734, -8.684054
Crece a carón doutra tilleira catalogada, coa que comparte varios caracteres morfolóxicos. O fuste ramifícase a unha altura aproximada de 2,5 m, onde nacen tres pólas que forman a copa, de elevada dimensión e forma globosa. O estado sanitario e o vigor do exemplar son bos. Como acontece coa outra tilleira, a súa escava é insuficiente e sería conveniente aumentar as súas dimensións.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.