messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Tilleira da igrexa de Amorín Tilleira

  • Árbore Exótica
  • Especie: Tilia platyphyllos Scop.
  • Perímetro normal: 2,05 m
  • Altura: 20,7 m
  • Copa:86 m2
  • Parroquia: Amorín
  • Coordenadas: 41.999824, -8.684042
O exemplar atópase rodeado de asfalto case até a base do tronco, cunha pequena escava perimetral, insuficiente polo volume de raíces que se agocha baixo o asfalto. O pé medra dereito e sen ramificar até unha altura aproximada de dous metros, onde se forma a verdadeira enforcadura. A copa é alongada e moi ben estruturada e equilibrada, seguramente por medrar sen máis competencia que a da outra tilleira que a acompaña na praza. O seu estado sanitario é moi bo. Sería moi conveniente aumentar a dimensión da escava para favorecer o futuro desenvolvemento do exemplar.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.