messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Sobreiros de San Roque Sobreiro

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Quercus suber L.
  • Perímetro normal: Núcleo A Perímetro normal Ex1: 4,35 m (aprox. 1,38 m de diámetro); Ex2: 2,15 m Altura Ex1: 12,7 m Copa conxunta: 360 m2 Núcleo B Perímetro normal Ex3: 3,92 m; Ex4: 3,55 m; Ex5: 3,52 m; Ex6: 2,36 m; Ex7: 2,15 m Altura Ex3: 18,3 m; Ex4: 16,1 m; Ex5: 12,5 m Copa conxunta: 630 m2 Núcleo C Perímetro normal Ex8: 4,07 m; Ex9: 3,36 m; Ex10: 2,94 m; Ex11: 2,64 m; Ex12: 2,54 m Altura Ex8: 12,3 m; Ex9: 15,4 m; Ex10: 12,8 m Copa conxunta: 355 m2 Núcleo D Perímetro normal Ex13: 2,79 m; Ex14: 1,98 m Altura Ex13: 14,3 m Copa conxunta: 235 m2
  • Altura:
  • Parroquia: Goián
  • Coordenadas: 41.944717, -8.7605
Conxunto de sobreiros que protagonizan a cobertura arbórea no adro e na inmediata proximidade da capela de San Roque, espazo de interese histórico e patrimonial. Agrupa 14 exemplares de porte notable concentrados en aproximadamente 2.300 m2, distribuídos en catro núcleos: un ao norte da ermida, con dúas árbores xunto a un parque infantil (A); outros dous núcleos ao oeste, integrados por cadanseus grupos de 5 sobreiros separados pola estrada de acceso ao Espazo Fortaleza (B e C), e un cuarto aínda máis ao leste, con dous exemplares no lindeiro dunha propiedade particular próxima (D). Con todo, nos arredores encóntranse máis sobreiros de menor porte, principalmente en espazos axardinados anexos a vivendas. A súa idade foi estimada en máis de 250 anos. Pese a ter sido propostos e desbotados para o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, o conxunto reúne características que achamos merecedoras da súa inclusión. Nos sobreiros de San Roque son visibles os efectos de reiteradas podas: en xeral, todos os exemplares presentan copa reducida para o seu tamaño e nalgúns casos configuran troncos irregulares, con engrosamentos de perímetro superior ao da base. O núcleo C, con 5 exemplares moi próximos, é o que mostra maior redución de altura e copas. O estado fitosanitario é deficiente.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.