Árbores
senlleiras
Sobreiros de Quirincosta Sobreiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Quercus suber L.
- Perímetro normal: Ex1: 2,77 m; Ex2: 2,06 m; Ex3: 2,18 m
- Altura: Ex1: 18,3 m; Ex2: 13,2 m; Ex3: 9,9 m
- Copa:415 m2
- Parroquia: Tomiño
- Coordenadas: 41.988338, -8.765648
Formación integrada por tres pés que se encontran nunha propiedade particular, xunto a unha estrada local. As dúas árbores máis altas medran moi próximas ao muro da quinta e non abren copa até aproximadamente cinco metros de altura, cubrindo boa parte da estrada. O tronco do maior deles está cuberto de hedra, que na actualidade non supón perigo algún para o exemplar. O terceiro sobreiro encóntrase máis ao sur, no interior da propiedade.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.