Árbores
senlleiras
Sobreiros da Granxanova Sobreiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Quercus suber L.
- Perímetro normal: Ex1: 2,94 m; Ex2: 2,40 m; Ex3: 1,91 m; Ex4: 2,91 m
- Altura: Ex1: 17,8 m; Ex4: 14,5 m
- Parroquia: Barrantes
- Coordenadas: 42.030921, -8.779119
Compoñen esta formación dous sobreiros de grande porte e outros dous menores, que integran un espazo forestal con piñeiros, eucaliptos e carballos xunto á aldea da Granxanova. Medran a carón dun fermoso valado de pedra, na marxe dunha pista que comunica coa estrada de Vilachán, ocupando uns 635 m2. Todos amosan sinais evidentes de ter sido descascados na base. Tres deles están moi próximos e configuran unha copa conxunta, con porte alongado por competencia pola luz, sendo o maior o exemplar central. Uns metros ao oeste medra o cuarto sobreiro, cunha ostensible verruga no tronco principal e moi ramificado desde a enforcadura, situada a pouco máis de 2 m de altura, creando unha copa máis aberta.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.