Árbores
senlleiras
Sobreiro de Vilar de Matos Sobreiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Quercus suber L.
- Perímetro normal: 2,87 m
- Altura: 14,1 m
- Copa:200 m2
- Parroquia: Forcadela
- Coordenadas: 41.974088, -8.743673
Árbore ben coñecida por estar situada na marxe da estrada autonómica PO-552, xunto a unha parada de autobús. Presenta boa vitalidade, con copa aberta como corresponde a unha árbore que medra sen competencia. No entanto, ten sido obxecto de podas (ben cicatrizadas) para non interferir coa estrada nin coa propiedade particular anexa, as últimas realizadas en marzo de 2017. A copa é arredondada, con varias grandes ramas que forman a enforcadura, a 2,15 m de altura. Este sobreiro ten recibido especial atención por parte do concello de Tomiño, priorizando a súa conservación e a adecuación do espazo público ao redor, no marco do programa Cultivando Paisaxes.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.