Árbores
senlleiras
Sobreiro de Tabordelo Sobreiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Quercus suber L.
- Perímetro normal: 3,14 m
- Altura: 19,8 m
- Copa:220 m2
- Parroquia: Piñeiro
- Coordenadas: 42.013607, -8.712524
Medra sobre un noiro na marxe da estrada provincial que une Tui con Hospital (Tomiño), na estrema entre as parroquias de Piñeiro e Taborda. A pesar de ser o sobreiro de maior altura entre os catalogados en Tomiño (xunto ao da Quinta do Ramo), non chama espe- cialmente a atención, pois fica máis baixo que uns piñeiros do país que medran ao sur, do outro lado da estrada. Probablemente por ese motivo, o sobreiro procura luz e presenta un porte máis estilizado do habitual na especie, co tronco completamente cuberto de cortiza. A súa vitalidade vaise apagando, probablemente a raíz dos danos sufridos durante as obras de ampliación da estrada provincial anexa.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.