Árbores
senlleiras
Sobreiro de San Lourenzo Sobreiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Quercus suber L.
- Perímetro normal: 3,24 m
- Altura: 13,1 m
- Copa:95 m2
- Parroquia: Goián
- Coordenadas: 41.950169, -8.794709
Árbore localizada xunto á capela de San Lourenzo, no alto da zona habitada de Goián, na marxe dunha estrada local. A enforcadura fórmase a 2,5 m sobre o chan, dividíndose en tres grosas ramas, se ben a copa se encontra descompensada cara ao suroeste, no lado contrario á estrada anexa. Presenta un grande buraco con podremias no tronco principal, que compromete seriamente a súa supervivencia.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.