Árbores
senlleiras
Sobreiro de Rexidouro Sobreiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Quercus suber L.
- Perímetro normal: 2,66 m
- Altura: 13,5 m
- Copa:130 m2
- Parroquia: Tomiño
- Coordenadas: 41.993611, -8.746082
Outro sobreiro que medra solitario e configurando unha copa moi arredondada de destacada beleza, con numerosa ramificación moi equilibrada desde aproximadamente tres metros de altura. Nas inmediacións encóntranse vivendas espalladas e campos de cultivo.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.