Árbores
senlleiras
Sobreiro de Pedregal Sobreiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Quercus suber L.
- Perímetro normal: 2,75 m
- Altura: 12,4 m
- Parroquia: Forcadela
- Coordenadas: 41.980198, -8.72215
Este é o único sobreiro catalogado que se encontra a certa distancia de núcleos habitados ou construcións humanas, moi próximo á ZEC Baixo Miño e á propia ribeira do Miño. Medra xunto a un cruzamento de camiños e pistas, arrodeado dun mosaico de campos de cultivo, plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos e vestixios de carballeiras. A enforcadura fórmase a case tres metros, de onde parten radialmente media ducia de grandes ramas, a distintas alturas.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.