messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Salgueiros irtos 2 do ariño de Amorín Salgueiro irto

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Salix fragilis L.
  • Perímetro normal: Ex1: 1,76 m; Ex2: dous fustes, de 1,76 e 1,50 m
  • Altura: Ex1: 9,5 m; Ex2: 15,6 m
  • Parroquia: Amorín
  • Coordenadas: 41.991608, -8.683165
Catalóganse conxuntamente dous salgueiros irtos localizados nun bosquete no extremo máis próximo ao rodal que compón a área recreativa, onde se encontran dous salgueiros comúns catalogados. O exemplar máis próximo ao río ábrese en dous fustes a apenas medio metro de altura, sacando pólas a partir dos tres metros que, igual que no outro exemplar, conforman copas moi amplas e algo desamañadas.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.