messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Salgueiro na ribeira de Pedregal Salgueiro

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Salix atrocinerea Brot.
  • Perímetro normal: Catro fustes, de 1,66, 1,54, 1,44 e 1,19 m
  • Altura: 19 m
  • Parroquia: Forcadela
  • Coordenadas: 41.981054, -8.71832
Árbore que destaca pola súa altura, nada usual nesta especie. Divídese desde a base en catro fustes, un deles crece vertical e os restantes vanse curvando e abrindo a copa que conforman conxuntamente. Non se descarta que se poida tratar de dous exemplares distintos, xa fusionados. Nesta ribeira atópanse outros salgueiros destacables, caso dun exemplar cunha ducia de fustes cerca da foz do río Cereixo ou das Briñas.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.