messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Salgueiro irto da praia de Carregal Salgueiro irto

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Salix fragilis L.
  • Perímetro normal: Tres fustes, de 1,58, 1,31 e 1,18 m
  • Altura: 15 m
  • Parroquia: Amorín
  • Coordenadas: 41.983998, -8.703881
Encóntrase na beira do Miño moi preto do fin da pista de acceso á chamada praia de Carregal. O tronco divídíase a medio metro en tres fustes, dos que recentemente foi cortado un; só o maior ascende notablemente para mostrar unha copa aberta —cruzada por un cable de condución eléctrica—, con bastantes pólas secas nas puntas, que poderían indicar algún problema de vitalidade.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.