Árbores
senlleiras
Salgueiro irto 1 do ariño de Amorín Salgueiro irto
- Árbore Autóctona
- Especie: Salix fragilis L.
- Perímetro normal: 1,83 m
- Altura: 14,3 m
- Parroquia: Amorín
- Coordenadas: 41.991901, -8.68489
Trátase do salgueiro irto con fuste de maior diámetro encontrado en Tomiño. Crece nesa zona con tendencia a asolagar preto do embarcadoiro de Amorín, próximo a outros salgueiros e salgueiros irtos. Xunto a esta árbore aparece un exemplar máis pequeno, co que crea copa conxuntamente.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.