Árbores
senlleiras
Salgueiro do ariño de Amorín Salgueiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Salix atrocinerea Brot.
- Perímetro normal: 2,55 m
- Altura: 15,9 m
- Parroquia: Amorín
- Coordenadas: 41.991606, -8.682477
Magnífico pé de salgueiro que se conserva nunha zona recreativa na beira do Miño, cun porte arbóreo e unha altura nada habituais na especie. Ten un único fuste, que comeza inclinado pero recupera verticalidade, para abrir en tres grandes ramas a 3 m de altura, que conforman unha copa moi fermosa e equilibrada. Na súa proximidade crecen outros salgueiros de bo porte e tamén varios salgueiros irtos (Salix fragilis), ademais dalgún chopo híbrido (Populus x canadensis).
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.