messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Salgueiro de Solaveiga Salgueiro

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Salix atrocinerea Brot.
  • Perímetro normal: Tres fustes, de 1,97, 1,65 e 1,16 m
  • Altura: 13,7 m
  • Parroquia: Forcadela
  • Coordenadas: 41.971862, -8.739361
Árbore de forma globosa, abre as súas ramas desde moi abaixo ante a ausencia de competencia por outros exemplares próximos, incluídos uns amieiros recentemente mortos. Crece na sebe á que fica reducido o bosque de ribeira do Miño xunto a estas veigas de Vilar de Matos. O tronco divídese a máis de medio metro de altura en tres fustes semideitados, probablemente como resultado dunha corta feita hai decenas de anos.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.