Árbores
senlleiras
Salgueiro da ribeira da Torre Salgueiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Salix atrocinerea Brot.
- Perímetro normal: 3,95 m (aprox. 1,26 m de diámetro)
- Altura: 13,3 m
- Parroquia: Goián
- Coordenadas: 41.943192, -8.750613
Exemplar excepcional polo seu diámetro, aínda que está completamente cuberto de hedra o que impide apreciar se se trata de dúas ou máis arbores moi próximas ou fusionadas. Entre a hedra apenas só unhas pólas que manteñen con vida o exemplar, polo que este sería o único caso entre as árbores silvestres catalogadas en Tomiño no que podería estar xustificada a corta da hedra.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.