messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Salgueiro cincento na ribeira dos Eidos Salgueiro cincento

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Salix salviifolia Brot.
  • Perímetro normal: Dous fustes basais, de 1,34 e 1,21 m
  • Altura: 8 m
  • Parroquia: Forcadela
  • Coordenadas: 41.978204, -8.724332
Salgueiro que se ramifica en dous case desde o chan. Ábrese pouco despois en numerosas pólas, que conforman unha copa arredondada, a escasa altura sobre o chan. Medra na beira do Miño, no limite entre unha zona agrícola e unha foresta de carácter pantanoso. Seguindo pola ribeira cara a Pedregal, atópanse outros exemplares de bo porte, tamén divididos desde a base.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.