Árbores
senlleiras
Salgueiro 2 do ariño de Amorín Salgueiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Salix atrocinerea Brot.
- Perímetro normal: Tres fustes, de 1,92, 1,44 e 0,85 m
- Altura: 9 m
- Parroquia: Amorín
- Coordenadas: 41.991526, -8.682779
Este salgueiro desenvólvese nunha zona con tendencia a asolagar na ribeira do Miño, frecuentemente inundada por crecidas e mareas vivas, cerca doutro salgueiro. O tronco divídese en tres fustes desde unha altura dun metro: o maior medra vertical mentres que os dous restantes crecen cun ángulo aproximado de 45° sobre o chan, abrindo cadansúa copa de forma independente. Xunto este salgueiro aparece un pradairo negundo (Acer negundo) naturalizado, amosando o perigoso carácter invasor desta árbore americana no Baixo Miño.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.