Árbores
senlleiras
Rododendro de Sobrada Rododendro arbóreo
- Árbore Exótica
- Especie: Rhododendron arboreum Sm.
- Perímetro normal: Dous fustes, de 1,20 e 1,40 m
- Altura: 12,5 m
- Parroquia: Sobrada
- Coordenadas: 42.022506, -8.678591
Exemplar con dimensións excepcionais, sen dúbida destacado na xeografía galaica. Na base do tronco pódese apreciar parte do sistema radical a causa de procesos erosivos que arrastraron a terra. O tronco, que se divide en dúas grandes pólas a un metro do chan, posúe numerosos carpóforos na base.
O rododendro está situado no xardín dun pazo abandonado, a carón dunha camelia de grandes dimensións; ambos os dous corren risco de ser cubertos polas rubideiras que os arrodean, como silvas (Rubus ulmifolius) e as campaíñas Ipomoea sp. Ademais, o rododendro precisa dunha pequena actuación de poda para eliminar madeira seca na copa.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.