messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Pradairo na ribeira de Carregal Pradairo

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Acer pseudoplatanus L.
  • Perímetro normal: Dous fustes principais, de 1,45 e 1,02 m
  • Altura: 18,4 m
  • Parroquia: Amorín
  • Coordenadas: 41.983611, -8.707203
Pradairo con tronco bifurcado desde a base, ao que se suman tres fustes menores que se abren cara ao río, posto que medra na beira do Miño. Esta estrutura probablemente derive, cando menos, dunha corta previa dun fuste inicial, hai xa bastantes anos. Dos troncos maiores, un deles medra vertical, mentres que o fuste máis próximo ás veigas agrícolas se abre e fica máis baixo, configurando unha copa asimétrica. Nas proximidades encóntranse outras árbores novas e plántulas que deben proceder das sementes deste individuo.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.