Árbores
senlleiras
Pomelo de Sanomedio Pomelo
- Árbore Exótica
- Especie: Citrus x paradisi Macfad.
- Perímetro normal: Catro fustes, de 0,69, 0,70, 0,70 e 0,64 m
- Altura: 5,5 m
- Copa:41 m2
- Parroquia: Tomiño
- Coordenadas: 41.984716, -8.769102
O exemplar atópase nunha finca particular cun bonito xardín de recente creación, pero no que hai varias árbores de avanzada idade. Unha delas é o pomelo, ramificado case desde a base, formado por catro troncos que sosteñen a copa, bastante redondeada e de boas dimensións. O estado sanitario do exemplar é moi bo, pero a competencia pola luz coas demais especies arbóreas está a provocar a aparición de fungos de fumaxina. Sería preciso unha poda de saneamento e aireación, así como reducir a competencia coas outras árbores do espazo.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.