Árbores
senlleiras
Plátanos de sombra do Torreiro de Currás Plátano de sombra
- Árbore Exótica
- Especie: Platanus x hispanica Mill. ex Münchh.
- Perímetro normal: Ex1: 3,60 m; Ex2: 3,30 m; Ex3: 3,20 m; Ex 4: 2,42 m; Ex5: 2,20 m
- Altura: Ex1: 23,6 m; Ex2: 27,2 m; Ex3: 24,6 m; Ex4: 21, m; Ex5: 19,9 m
- Parroquia: Currás
- Coordenadas: 42.009732, -8.67758
Conxunto de 5 plátanos acompañados por unha catalpa, un chopo e un freixo. Todas as árbores están situadas na zona periférica da praza. Até 2016, tres plátanos estaban rodeados de asfalto, que chegaba á base do fuste, mentres os restantes estaban situados nunha pla- tabanda de forma rectangular, nunha situación elevada sobre o arboredo. Nese ano reorganizouse o torreiro e os plátanos foron podados e elimináronse algunhas ramas con risco de rotura, polo que a súa altura e copa se reduciu.
Contan con fustes de grandes dimensións sobre os que se forma a enforcadura, entre 4 e 6 metros por riba do chan. A maior parte dos exemplares posúen fortes asimetrías nas copas, froito das sucesivas actuacións de poda, e amosaban signos de baixa vitalidade, expresados con ramaxe seca no interior das copas, brotes moi débiles e escaso crecemento. É de esperar que as actuacións realizadas na praza durante 2016 contribúan á recuperación da vitalidade destes exemplares.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.