Árbores
senlleiras
Plátano de sombra do Torreiro de Piñeiro Plátano de sombra
- Árbore Exótica
- Especie: Platanus x hispanica Mill. ex Münchh.
- Perímetro normal: 4,05 m
- Altura: 29,7 m
- Parroquia: Piñeiro
- Coordenadas: 42.015934, -8.69953
Integrado nun conxunto de plátanos de sombra e carballos de boas dimensións, onde a maior parte das árbores presentan grandes feridas por actuacións de poda mal realizadas. Destacan outros dous exemplares que contan con perímetros de 3,08 e 2,84 m. Todos presentan fustes rectos e sen ramificacións até bastante altura, con grandes contrafortes na base, característicos das árbores de grande envergadura. As ramas medran con bastante verticalidade, froito da competencia coas demais árbores do espazo, o que conforma copas alongadas e altas, na procura da luz. A pesar de atoparmos insectos chupadores nas follas, podemos afirmar que o estado sanitario dos exemplares é bo, se ben habería que realizar unha poda de saneamento para eliminar ramiñas secas no interior das copas.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.