Árbores
senlleiras
Plátano de sombra da praza de Vilachán Plátano de sombra
- Árbore Exótica
- Especie: Platanus x hispanica Mill. ex Münchh.
- Perímetro normal: 3,38 m
- Altura: 17,6 m
- Copa:320 m2
- Parroquia: Tomiño
- Coordenadas: 41.987551, -8.763877
Presenta un fuste que se ramifica a escasa altura, formando moi pronto a enforcadura que dá lugar á copa, moi ampla e ben conformada. Non presenta ningún problema sanitario e o seu desenvolvemento é bastante bo. A ausencia de podas significativas e de árbores próximas facilita que o seu crecemento sexa case natural, algo bastante difícil de observar nesta especie.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.