messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Piñeiros bravos dos Medos Piñeiro bravo

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Pinus pinaster Aiton
  • Perímetro normal: Ex1: 2,99 m; Ex2: 2,70 m
  • Altura: Ex1: 25,7 m; Ex2: 28,0 m
  • Copa:Ex1: 180 m2; Ex2: 160 m2
  • Parroquia: Estás
  • Coordenadas: 41.973762, -8.772932
Trátase de dous piñeiros que contactan nas copas pero se localizan a senllos lados dunha pista, nunha zona con varios cruzamentos, cerca dos restos da Fortaleza dos Medos. De feito, unha das árbores medra dentro do cercado da plantación de kiwis existente dentro e fóra do espazo da fortaleza, propiedade da comunidade de montes de Estás. Este piñeiro é o de maior diámetro, co tronco recuberto de hedra até uns 10 m de altura e copa semiesférica, mellor configurada e máis vistosa que a do seu compañeiro. Na actualidade ambas as dúas árbores medran libres de competencia, algo afastadas doutros pés dispersos que tamén foron respectados na última quenda de corta realizada.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.