Árbores
senlleiras
Piñeiro manso de Pedrafita Piñeiro manso
- Árbore Exótica
- Especie: Pinus pinea L.
- Perímetro normal: 2,65 m
- Altura: 20 m
- Copa:180 m2
- Parroquia: Tomiño
- Coordenadas: 42.01015, -8.739253
Trátase dun exemplar de boa dimensión, con tronco libre de ramaxe até aproximadamente dez metros de altura, onde aparecen as primeiras ramas secas e unha rama verde. A pesar de ser unha especie con autopoda, que desprende as ramas inferiores a medida que vai medrando en altura, chama a atención a relación entre altura e perímetro do fuste, seguramente a causa da competencia pola luz con outros piñeiros de grande altura que o arrodeaban até hai pouco tempo. Se o exemplar medrase illado, sen dúbida o perímetro sería maior e a altura algo inferior á que ten na actualidade. O seu estado de saúde semella moi bo e o seu futuro moi prometedor, unha vez que a competencia cos outros piñeiros desapareceu.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.