messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Piñeiro bravo de Torrón Piñeiro bravo

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Pinus pinaster Aiton
  • Perímetro normal: 2,86 m
  • Altura: 19 m
  • Copa:130 m2
  • Parroquia: Sobrada
  • Coordenadas: 42.016125, -8.661351
Aínda que crece no seo dunha carballeira, os carballos son novos e baixos, o que permite que o piñeiro, por riba deles, abra unha ampla copa sen ter que acadar grande altura. As ramas verdes aparecen na metade superior da árbore, algunhas crecendo perpendiculares ao tronco e desequilibrando levemente a copa cara ao sur, onde se abren as veigas do Miño.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.