Árbores
senlleiras
Piñeiro bravo da Gándara Piñeiro bravo
- Árbore Autóctona
- Especie: Pinus pinaster Aiton
- Perímetro normal: 2,88 m
- Altura: 28,1 m
- Parroquia: Barrantes
- Coordenadas: 42.007458, -8.748068
O carácter máis rechamante deste exemplar, que crece a carón dunha estrada local, é a rectitude do seu tronco. Como acontece noutros piñeiros, a forma da copa está moi influenciada polas árbores que crecen ao seu redor; neste caso, a presenza de eucaliptos de grande altura ao outro lado da estrada, así como de campo aberto en sentido oposto, dan como resultado unha copa moi asimétrica, xa que no lado dos eucaliptos apenas conserva ramas verdes por riba dos 20 m de altura.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.