Árbores
senlleiras
Piñeiro bravo 2 de Outeiro Piñeiro bravo
- Árbore Autóctona
- Especie: Pinus pinaster Aiton
- Perímetro normal: 2,90 m
- Altura: 30,3 m
- Parroquia: Sobrada
- Coordenadas: 42.011201, -8.665484
Esta árbore crece embutida nunha masa entre outros piñeiros, carballos e eucaliptos, que o obrigan a acadar maior altura malia o menor diámetro do tronco. A curvatura que amosa a media altura, en forma de S aberto, denota os efectos da competencia espacial.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.