messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Piñeiro bravo 1 de Outeiro Piñeiro bravo

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Pinus pinaster Aiton
  • Perímetro normal: 2,95 m
  • Altura: 27,3 m
  • Parroquia: Sobrada
  • Coordenadas: 42.011092, -8.664989
A posición deste piñeiro, aberta polo sur a un viñedo e outras zonas agrícolas, favorece o seu desenvolvemento e formación de copa, porén claramente asimétrica cara a esa vertente. No resto de orientacións encóntrase arrodeado de árbores, aínda que dispón de bastante espazo para medrar, cando menos na actualidade, xa que a leve curvatura do fuste delata a competencia que sufriu en tempos pasados.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.