Árbores
senlleiras
Pereira brava do regueiro de Fontefría Pereira brava
- Árbore Autóctona
- Especie: Pyrus cordata Desv.
- Perímetro normal: 1,10 m
- Altura: 9,8 m
- Copa:55 m2
- Parroquia: Pinzás
- Coordenadas: 42.053751, -8.787644
Medra na marxe do regueiro, por baixo da ponte dunha estrada local, nunha zona con pouca vexetación arbórea. A case dous metros de altura divídese en dúas grandes ramas, que ao principio crecen opostas, pero pronto recuperan verticalidade e séguense dividindo para conformar unha ampla copa esférica.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.