messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Pereira brava da regueira do Santos Pereira brava

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Pyrus cordata Desv.
  • Perímetro normal: Cinco fustes de 0,82, 0,74, 0,73, 0,66 e 0,55 m
  • Altura: 7,7 m
  • Copa:70 m2
  • Parroquia: Goián
  • Coordenadas: 41.955864, -8.795837
Medra entre o rego e a pista que percorre os viñedos sitos no monte comunal, seguindo a curva de nivel. Felizmente esta pereira foi respectada durante a implantación destes viñedos e chega á actualidade medrando solitaria, moi aberta a través dos cinco fustes nos que se divide desde a súa base, formando unha copa moi ampla e levemente asimétrica.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.