Árbores
senlleiras
Oliveira do Val Oliveira
- Árbore Exótica
- Especie: Olea europaea L.
- Perímetro normal: Dous fustes, de 1,44 m e 1,31 m
- Altura: 13,8 m
- Copa:140 m2
- Parroquia: Tomiño
- Coordenadas: 41.994817, -8.745679
O exemplar brota dun grande toro que presenta cicatrices pola corta de ramas grosas. O tronco bifúrcase a escasos centímetros do chan en dúas grandes pólas que conforman a copa, redondeada e de boa dimensión. Ambos fustes presentan feridas e danos provocados polas cabras ao depenicalas; tiña unha malla protexendo o tronco para evitar novos danos.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.