messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Oliveira da igrexa de Vilameán Oliveira

  • Árbore Exótica
  • Especie: Olea europaea L.
  • Perímetro normal: 1,74 m
  • Altura: 7 m
  • Copa:25 m2
  • Parroquia: Vilameán
  • Coordenadas: 42.025086, -8.740654
Na entrada da igrexa de Vilameán atópase esta oliveira senlleira: aínda que non se trata dunha árbore con dimensións destacadas, a súa situación fai que a veciñanza da parroquia a coñeza e aprecie. O tronco está demoucado a dous metros do chan, o que xunto a podas máis recentes provoca a proliferación de ramas de menor entidade a esa altura, que conforman a copa, redondeada e de moi pequena dimensión. O seu estado sanitario é bastante bo, non presenta problemas en aparencia.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.