Árbores
senlleiras
Oliveira da igrexa de Forcadela Oliveira
- Árbore Exótica
- Especie: Olea europaea L.
- Perímetro normal: 2,16 m
- Altura: 13,3 m
- Copa:135 m2
- Parroquia: Forcadela
- Coordenadas: 41.98125, -8.736667
Medra solitaria na entrada do adro da igrexa de Forcadela, polo que a súa localización é sinxela. O fuste é dereito e sen ramificar até dous metros de altura, onde se conforma a enforcadura, composta por catro ramas de grandes dimensións. A copa é redondeada e moi ben configurada, pois non ten competencia pola luz con ningunha outra árbore. Non mostra ningún problema fitosanitario, aínda que na parte da copa máis achegada á igrexa presenta algunhas poliñas secas, polo que sería recomendable facer unha pequena poda para eliminación desa ramaxe.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.