Árbores
senlleiras
Oliveira da Bouzada Oliveira
- Árbore Exótica
- Especie: Olea europaea L.
- Perímetro normal: 2,18 m
- Altura: 12,5 m
- Copa:120 m2
- Parroquia: Piñeiro
- Coordenadas: 42.021231, -8.706934
O exemplar atópase situado detrás da casa, nunha posición bastante solleira pero algo escondida da visión desde a estrada. Arredor dun tronco principal medran innumerables rebrotes que dan ao conxunto un fermoso aspecto arbustivo. A copa está moi ben conformada e non presenta ningún problema en aparencia. Sería recomendable eliminar os rebrotes que saen á altura do chan e que absorben parte da vitalidade do exemplar.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.