Árbores
senlleiras
Moroteiro de Vilameán Moroteiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Arbutus unedo L.
- Perímetro normal: 0,95 m
- Altura: 8,3 m
- Parroquia: Vilameán
- Coordenadas: 42.020345, -8.743342
Árbore de porte considerable para esta especie, que desloce por encontrarse achantado entre piñeiros e un tendido eléctrico, xunto a un noiro da estrada local, cerca da veciña aldea de Freixoal. O seu fuste é o de maior diámetro entre os érbedos detectados no concello, con copa alongada nada habitual na especie, seguramente inducida por competencia pola radiación solar cos piñeiros que o tapan polo sur. De feito, todas as pólas que se van abrindo desde case a base do tronco, ascenden bastante verticais, agás na vertente oeste, que se encontra máis exposta.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.