messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Moroteiro de Pazo Moroteiro

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Arbutus unedo L.
  • Perímetro normal: Catro fustes, de 0,80, 0,68, 0,42 e 0,33 m
  • Altura: 7 m
  • Copa:40 m2
  • Parroquia: Barrantes
  • Coordenadas: 42.010744, -8.747427
Situado tamén sobre un noiro de estrada local, no acceso a Barrantes, cerca da capela de San Miguel, nun contorno forestal aberto dominado por piñeiros. A árbore ábrese desde a base en catro fustes, o maior crece vertical e os restantes deitados cara á estrada, mais conforman unha copa ampla e globosa.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.