Árbores
senlleiras
Moroteiro da Silvosa Moroteiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Arbutus unedo L.
- Perímetro normal: Sete fustes, de 0,70, 0,70, 0,55, 0,30, 0,55, 0,24 e 0,22 m
- Altura: 9,5 m
- Parroquia: Barrantes
- Coordenadas: 42.021209, -8.755152
Este exemplar crece na ribeira dunha valgada do monte de Barrantes, por baixo dunha caseta de captación de augas, parcialmente sometido por un carballo e próximo a outros exemplares da especie. Integra unha banda de vexetación autóctona nun contexto forestal dominado por plantacións de piñeiro do país. O crecemento multifustal indica que o exemplar foi sometido a tala, pero esta especie rebrota repetidamente con singular forza.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.