Árbores
senlleiras
Magnolios da casa indiana de Currás Magnolio
- Árbore Exótica
- Especie: Magnolia grandifiora L.
- Perímetro normal: Ex1: 2,23 m; Ex2: 2,12 m
- Altura: Ex1: 12,6 m; Ex2: 10,8 m
- Parroquia: Currás
- Coordenadas: 42.006066, -8.680799
Son dous exemplares que comparten espazo e características, xa que parece que foron plantados na mesma época e reciben os mesmos coidados e tratamentos. De fuste groso, ramifican a uns dous metros sobre o chan, desde onde se forma a enforcadura pola inserción das ramas. En aparencia non presentan problemas, polo que o seu estado sanitario semella bo. A competencia coas demais árbores do espazo impide o completo desenvolvemento das copas, que aínda así presentan dimensións considerables.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.