messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Magnolio da Casa do Carlote Magnolio

  • Árbore Exótica
  • Especie: Magnolia grandifiora L.
  • Perímetro normal: 3,90 m
  • Altura: 17,3 m
  • Copa:164 m2
  • Parroquia: Tomiño
  • Coordenadas: 42.001583, -8.734772
Árbore plantada hai máis de douscentos anos a escasos metros da vivenda dos seus propietarios, na aldea do Barro, a partir dunhas sementes chegadas directamente de América. O tronco está actualmente soterra- do uns 60 cm desde o seu nivel orixinal; aparece engrosado pola presenza de grandes contrafortes cilíndricos e non se ramifica até aproximadamente 5 metros de altura, onde crece a primeira rama, xa que o exemplar non amosa unha verdadeira enforcadura, senón que a copa —globosa e grande— se forma pola suce- sión de pólas que saen do fuste. A árbore non presenta ningún problema en aparencia. Trátase sen dúbida dun dos magnolios máis destacados, non só do concello de Tomiño senón de toda Galicia.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.