messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Maceira de Vilar Maceira

  • Árbore Exótica
  • Especie: Malus domestica (Borkh.) Borkh.
  • Perímetro normal: 1,60 m
  • Altura: 7 m
  • Parroquia: Tomiño
  • Coordenadas: 42.000252, -8.760195
Árbore situada na entrada dun alpendre cerca da estrada que cruza a aldea, co tronco ramificado a case dous metros de altura, onde saen as ramas principais que conforman a enforcadura. Presenta feridas de poda mal cicatrizadas que sería conveniente revisar para prolongar a súa vida. A copa é voluminosa e redondeada, con gran cantidade de ramiñas secas no seu interior, pola ausencia de luz. O seu estado sanitario é deficiente, xa que as feridas derivadas das podas mal efectuadas facilitaron a entrada dos fungos coñecidos como «momificado de froitos» (Monilia spp.), facilmente observables nas podremias nas mazás. Para evitar os danos ocasionados por estes fungos, sería preciso podar e destruír tanto ramas como froitos afectados.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.