Árbores
senlleiras
Loureiro na ribeira de Torrón Loureiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Laurus nobilis L.
- Perímetro normal: Múltiples fustes, o maior de 0,56 m
- Altura: 12,8 m
- Parroquia: Sobrada
- Coordenadas: 42.014184, -8.660021
Conxunto conformado por decenas de pés que semellan medrar a partir dunha cepa común, que tería un enorme diámetro basal en torno aos seis metros. Encóntrase integrado no bosque de ribeira nunha zona alongada da franxa da ribeira do Miño, xunto ás veigas agrícolas.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.