Árbores
senlleiras
Loureiro na ribeira de Carregal Loureiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Laurus nobilis L.
- Perímetro normal: Dous fustes, de 1,15 e 1,13 m
- Altura: 19 m
- Parroquia: Amorín
- Coordenadas: 41.984840, -8.699584
Árbore integrada no bosque da ribeira do Miño, de localización algo imprecisa, que abre en dous fustes desde abaixo e que acada unha altura excepcional, se ben non puido ser medida con precisión.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.