Árbores
senlleiras
Loureiro de Pedra Furada Loureiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Laurus nobilis L.
- Perímetro normal: 1,36 m
- Altura: 16,1 m
- Parroquia: Currás
- Coordenadas: 42.004782, -8.663283
Este loureiro crece nunha zona con ampla cobertura arbórea, posto que o bosque da ribeira do Miño ten continuidade co monte, cerca da área de lecer da Raña. Esta conformado pola fusión dos troncos de dous exemplares que medran xuntiños, xusto na beira do camiño existente na zona, destacando pola súa altura. A máis de dous metros sobre o chan, un deles bifúrcase e o conxunto ábrese en tres troncos que continúan crecendo bastante verticais, creando unha ampla copa que contacta coas árbores de todo o seu redor.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.