Árbores
senlleiras
Loureiro de Figueiró Loureiro
- Árbore Autóctona
- Especie: Laurus nobilis L.
- Perímetro normal: 1,25 m
- Altura: 10,7 m
- Parroquia: Figueiró
- Coordenadas: 41.962819, -8.773007
Encóntrase xunto a un parque infantil e unha cancha deportiva, nun espazo público próximo á praza da igrexa de Figueiró, en compañía dunha laranxeira amarga e dúas camelias, tamén catalogadas como senlleiras. O loureiro medra algo deitado cara á cancha, pero supera en altura aos anteriores; no entanto, a súa copa é menor, bastante irregular, asimétrica e aberta.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.