messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Laranxeira amarga de Figueiró Laranxeira amarga

  • Árbore Exótica
  • Especie: Citrus x aurantium L.
  • Perímetro normal: 1,71 m
  • Altura: 7,8 m
  • Copa:62 m2
  • Parroquia: Figueiró
  • Coordenadas: 41.962873, -8.773067
Medra nun recinto destinado a parque infantil, acompañado por un loureiro e dous xapoeiros ou camelias, tamén catalogados. A base do tronco amosa parte do sistema radical, froito da erosión producida polas pisaduras humanas no parque. A metro e medio de altura aproximadamente enxértanse as ramas, formando a enforcadura. A copa era globosa e redondeada, grande en relación a outras dimensións da árbore, a pesar de medrar parcialmente baixo o loureiro, de maior altura; porén, recentemente foran podadas varias pólas inferiores.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.